Header image  


Portal web oficial da sociedade

 

II CONCURSO DE NARRACIÓNS ERÓTICAS

 

Convoca: Sociedade Galega de Sexoloxía.

Contido: Concurso de Narracións Eróticas.

Requisitos: Poden participar tódalas persoas que o desexen. Para os/as menores de 18 anos, será obrigatorio engadir unha autorización do pai, nai ou titor, cara a posibilidade de ser a obra gañadora, a súa publicación ou publicidade. Os relatos teñen que ser inéditos e de contido erótico, cunha extensión mínima de 5 follas, tamaño Din A4, con espaciado normal e a ser posible escrito mediante o procesador de texto Microsoft Word, letra tamaño 12. Admitiranse tanto os escritos en galego como en castelán, aceptándose pseudónimo. Aceptaranse máximo dous exemplares por concursante. Os escritos poden ser enviados por calquera dos seguintes medios:

  • Por correo postal, en soporte informático (diskette, CD) ou manual ó: Apto de correos 6183 de VIGO da Sociedade Galega de Sexoloxía
  • Por e-mail : sogasex@gmail.com

Serán enviados cos seguintes datos do autor: Nome e apelidos Data e lugar de nacemento. Enderezo e teléfono de contacto / e-mail.

Dotación: Os traballos serán avaliados por membros da Sociedade Galega de Sexoloxía ou persoas elixidas por dita entidade. O concurso fallarase no mes de Decembro de 2007 e comunicarase a persoa gañadora, dándose a coñecer ós medios de comunicación. Os premios que outorgará o xurado serán:

  • Un premio de 300€ a o/a gañadora.
  • Un Diploma da Sociedade Galega de Sexoloxía a cada participante.
  • Selección e publicación das obras pola Dirección Xeral de Xuventude.

A Sociedade Galega de Sexoloxía reservarase a propiedade dos escritos así coma o dereito da súa publicación

Prazos: 30 de Novembro de 2007.

Informa: Sociedade Galega de Sexoloxía. Teléfono: 619 303 173


Descarga as bases en formato PDF