Header image  


Portal web oficial da sociedade

 

I CONCURSO DE DEBUXO ERÓTICO

 

Convoca: Sociedade Galega de Sexoloxía.

Contido: concurso de debuxo erótico.

Requisitos: Poden participar tódalas persoas que o desexen. Para os/as menores de 18 anos, será obrigatorio engadir unha autorización do pai, nai ou titor, cara a posibilidade de ser a obra gañadora, a súa publicación ou publicidade. Os debuxos teñen que ser eróticos e artísticos. O soporte do debuxo, así coma o tamaño, a técnica e o material pode ser o que o autor/a escolla. Aceptaranse máximo dous exemplares por concursante. Os debuxos pódense presentar por correo postal ó seguinte enderezo: Sociedade Galega de Sexoloxía Apartado de Correos 6183. VIGO. O sobre terá obrigatoriamente que conter o debuxo e outro sobre pechado que conterá os seguintes datos do/a concursante: Nome e apelidos. Data e lugar de nacemento. Enderezo e teléfono de contacto / e-mail

Dotación:

  • Un premio de 300 € a o/a gañadora.
  • Un Diploma da Sociedade Galega de Sexoloxía a cada participante.
  • Selección e publicación das obras pola Dirección Xeral de Xuventude.

A Sociedade Galega de Sexoloxía reservarase a propiedade dos debuxos así coma o dereito da súa publicación.

Prazos: 30 de Novembro de 2007.

Informa: Sociedade Galega de Sexoloxía. Teléfono: 619 303 173


Descarga as bases en formato PDF