Header image  


Portal web oficial da sociedade

 

II Xornadas Galegas de Saúde Sexual

 

.A Sociedade Galega de Sexoloxía organiza as II Xornadas Galegas de Saúde Sexual os días 3 e 4 de Outubro de 2008 e que levarán a cabo no Centro de Asesoramento Afectivo-Sexual Quérote de Santiago de Compostela. Solicitarase a declaración de Interese Sanitario á Consellería de Sanidade. Contamos coa participación da Presidencia da F.E.S.S. (Federación Española de Sociedades de Sexología), e a colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, dependente de Vicepresidencia da Xunta así como da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Tamén colaborarán con nosco os Laboratorios Pfizer, Bayer y Lilly.

Acudirán profesionais de recoñecido prestixio nacional na sexología. O programa definitivo exporase proximamente nesta web. Está dirixido a profesionais da saúde, psicólogos, educadores e público xeral interesado nestes temas para mellorar ou asesorare tratar as distintas Disfuncións Sexuais que afectan a nosa Saúde Sexual, dereito recoñecido pola OMS desde 1974.

A inscrición será moi económica para facilitar o acceso a todas as persoas interesadas. E será declarado de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade.

Avance do Programa - Cartel - Folleto Programa - Boletin de Suscripcion